Saturday 18 de May de 2024

O mercado de artesanía local xuvenil terá lugar no 11 de xullo


O 11 de xullo é a nova data elixida para o mercado de artesanía local xuvenil que transcorrerá no Cantón da Leña, en horario de 10.00 a 13.30 e de 16.00 a 20.00 horas. A mencionada proposta nace da man dun grupo de mozas e mozos do municipio e conta coa colaboración do Concello, a través da Área da Mocidade, da cal é titular o edil José Andrés Lojo (Nós Pobra).

Con esta iniciativa preténdese, ademais de contribuír á posta en valor do talento da xente nova da localidade, apoiar e buscar novas saídas aos proxectos xuvenís existentes na zona, así como darlles saída ás creacións das persoas que decidan participar.

Todas aquelas mozas e mozos que desexen sumarse aínda están a tempo ata o día 8 de xullo para se anotaren a través do enderezo electrónico mocidade@apobra.gal.